{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/apertura_libre_marisqueo_0110151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/01/apertura_libre_marisqueo_011015.mp4{/flowplayer} POBRA> A apertura de libre marisqueo deixa impresións encontradas entre os mariscadores. A pesar de que nesta xornada lograron apañar os topes, aínda que con dificultade, non cren que o marisco existente nos bancos dea para toda a campaña. As expectativas para a campaña de libre marisqueo non eran boas. E os mariscadores comprobaron nesta primeira xornada como se cumprían as súas previsións. En Cabío, onde faenaron preto dun cento de embarcacións cando en anos anteriores adoitaban ser cincocentas, o marisco non abondaba.Non todos lograron coller os topes e os que o fixeron invertiron máis de seis horas de traballo. Aínda que non confían en que o recurso sexa suficiente para toda a campaña, os produtores si estaban satisfeitos coa boa calidade con ameixa de gran tamaño e a presenza de cría. As cotizacións na rula pobrense oscilaron entre os dezaoito e os doce euros para a ameixa babosa e entre 7’15 e 6’50 no caso da roxa. O reló pagouse a un euro. O patrón maior cualificou estes prezos de aceptables aínda que agardaba unha maior suba nesta apertura de campaña. Sen embargo, é cedo aínda para facer balance polo que haberá que agardar ás próximas semanas para ver o que dan de si os bancos de libre marisqueo.
Inicio crb