CAMBADOS> O edil cambadés, José Ramón Abal presentou este mércores un proxecto de mellora do saneamento e da rede de pluviais no Río da Ucha, na parroquia de Corvillón. Unha mellora que se estenderá nuns 400 metros e que irá con cargo ao Plan Concellos 2019.
O concello de Cambados vai a presentar un proxecto de mellora do saneamento en Corvillón, concretamente no río da Ucha, con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, así o anunciou este mércores o edil José Ramón Abal.
Xunto con Abal Varela, estivo o enxeñeiro encargado do proxecto quen explicou os pormenores de esta intervención.
A obra terá un orzamento de case 80.000 euros, e ten un prazo de execución de dous meses. O concelleiro sinalou que os traballos comezaran no 2019.
Ademais esta previsto que despois de esta obra todas as vivendas da zona se inclúan dentro da rede de sumidoiros municipal, que na actualidade son 7 ou 8, tal e como sinalou Abal. Estas vivendas irán conectadas a un colector común e posteriormente desembocaran nun pozo de bombeo da zona mellorada.