O executivo deseña unhas novas instalacións para o Club de Remo Cabo de Cruz

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/novo_local_club_remo_cabodecruz2711151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/novo_local_club_remo_cabodecruz271115.mp4{/flowplayer} BOIRO> O proxecto, en fase de redacción, podería irse a preto dos setecentos mil euros. O executivo boirense prepara un ambicioso proxecto de cara presente lexislatura. A construción dunhas novas instalacións para o Club de Remo Cabo de Cruz, unha das entidades deportivas máis senlleiras da localidade e tamén unha das que maiores éxitos deron ó deporte local nestes últimos anos. O elevado custe desta importante actuación, que podería rondar ós setecentos mil euros, fai que o concello por si mesmo non poida afrontar a súa construción, de aí que o alcalde, Xoán Xosé Dieste, iniciara unha serie de contactos co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ou o Secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, para poder afrontalo. A realización destes moderno edificio fai necesario tamén a aprobación do Plan de Usos das instalacións portuarias de Cabo de Cruz, un proceso que se atopa actualmente na fase de presentación de alegacións.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí