Os peixes de rocha toman o relevo nas xornadas ‘A cociña e o Mar’

xornadapeixesrocha copia.jpg O GROVE> Despois dos moluscos, o linguado, a xiba ou o polbo, en abril chegoulle a quenda a especies coma o escacho ou o sargo.

{flowplayer}images/salnes/XornadasPeixeRocha.flv{/flowplayer}

Con este showcooking quedou inaugurada a que é a terceira edición das xornadas gastronómicas “A cociña e o mar”. Despois dos moluscos, o linguado, a xiba ou o polbo, en abril chegoulle a quenda ós peixes de rocha. O escacho ou o sargo convertéronse nos ingredientes imprescindibles dos pratos que se presentaron esta tarde.

Prezos asequibles para produtos da mellor calidade. Estes son os argumentos cos que estes hostaleiros grovenses queren convencer a veciños e visitantes de que se acheguen ó municipio tamén fora da época de verán. E dende logo a calidade fala por si sola.

Deste xeito o concello meco ofrécese como alternativa turística para todos aqueles que queiran gozar da boa gastronomía. Preparando cada produto no momento no que mellor está para consumilo. Guisos e caldeiradas acompañadas tamén, para rematar dun bo cóctel. E é que a tradición non ten por que estar rifada coa innovación. O alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, tampouco quixeron perderse esta demostración.

Redacción Salnés