A Pobra acolle esta fin de semana unha nova edición do ‘Arte na Vila’

POBRA> Na iniciativa tomarán parte unha ducia de artesáns. Na edición deste ano de ‘Arte na Vila’ participan un total de dez artesáns con diferentes exposición e manualidades de produtos tan dispares coma o coiro, a xoiería, a madeira ou a cosmética, entre outros. Ademais haberá dúas casetas dedicadas ós escritores María victoria Moreno, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas e a carlos Mosteiro, autor local recentemente falecido a quen o Concello decidiu este ano dedicarlle tamén o primeiro premio de Literatura Infantil. Durante os dous días da feira tamén haberá distintas actividades complementarias como poden ser xogos populares e música, nesta ocasión a cargo de Pulpiño Viascón co seu espectáculo ‘La Musicleta’.