Rebaixas no imposto de transmisión patrimoniais

GALICIA> Nos novos orzamentos autonómicos, a Xunta de Galicia aplicará, entre outras, unha rebaixa ao imposto sobre Transmisións Patrimoniais, o que abonamos cando adquirimos unha vivienda usada.

Esta rebaixa ten como obxectivo que as familias galegas paguen menos impostos cando realizan un gasto tan importante como é a compra dunha vivenda. Algo que habitualmente conforma a maior inversión que fai unha familia ó longo da súa vida. Esta nova medida dinamizará un sector tan relevante como o inmobiliario, que tras un duro axuste durante a crise leva varios exercicios en cifras positivas.