O BNG propón un plan de rexeneración das rías con cargo a fondos de recuperación europeos

GALICIA> O BNG propón un plan de rexeneración para as rías galegas con cargo a fondos de recuperación europeos. Suporía un investimento de máis de 1.000 millóns de euros. A proposta dos nacionalistas, contempla a recuperación ambiental e produtiva das rías co obxectivo de converte-las nunha ferramenta xeradora de emprego.

O Proxecto de Rexeneración Produtiva das Rías Galegas que propón o BNG inclúe medidas en materia ambiental, no ámbito da investigación científica e para a dixitalización, comercialización e transformación do sector do mar. Un revulsivo necesario, entenden no Bloque, que permitiría converte-las rías galegaos nun motor xerador de riqueza e emprego.

Porque a proposta dos nacionalistas pasa porque o Proxecto de Rexeración sexa financiado polos fondos que a Unión Europea habitou para palia-los efectos da covid. En total e segundo os cálculos dos nacionalistas, máis de 1.000 millóns de euros para unha actuación que, segundo a voceira nacional do Bloque, beneficiaría de cheo a economía real de Galicia e a un sector estratéxico como é o do mar.

Esta proposta vai ser trasladada agora á  á Comisión parlamentaria de reactivación económica e social, para recaba-lo apoio das outras forzas políticas. Os nacionalistas agardan contar co apoio de socialistas e populares porque, entenden, a propostas encaixa coas políticas definidas pola propia Unión Europea para obte-los fondos.

O Plan de recuperación impulsado pola Unión Europea, o denominado Next Generation, aporta a España 72.000 millóns de euros a fondo perdido. Dese total, o BNG reclama para Galicia máis de 12.500 millóns, cunha xestión directa e destinados ós sectores máis afectados pola crise derivada da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí