O INEGA lanza unha campaña para entender a nova factura electrica

GALICIA> A Xunta pon en marcha unha campaña para resolver as dúbidas dos consumidores ante o novo escenario e o novo recibo eléctrico. Así o indicou a xerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz Chesa, quen salientou que, deste xeito, o goberno galego segue a traballar na protección dos dereitos dos consumidores no eido da tarificación eléctrica. Para isto, tense elaborado un documento informativo que explica de modo breve e sinxelo os cambios que se van producir na factura, como a inclusión da modalidade do Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor ou a nova TUR, antigo bono social. Ao mesmo tempo, sepárase a asignación dos prezos da enerxía no conxunto do recibo, e achéganse consellos de aforro e eficiencia enerxética. O novo documento ofrece consellos sinxelos para aforrar enerxía, comezando pola revisión da potencia contratada. . Afóndase na discriminación horaria, que permite aforros de máis dun 10% na factura; e apóstase pola eficiencia enerxética coa substitución de lámpadas ou electrodomésticos por outros de baixo consumo. A información, xa dispoñible nas webs de ambos organismos, igc.xunta.es e inega.xunta.es, distribuirase nas vindeiras semanas entre a cidadanía coa difusión do documento nas oficinas do IGC das sete grandes cidades, nas asociacións de consumidores e nos propios concellos galegos.