POBRA> Na cita deportiva, que terá lugar este próximo domingo, tomarán parte un total de 300 deportistas, entre eles triatletas de talla internacional. Por segundo ano consecutivo, e vendo o éxito de organización da primeira edición, a asociación Paralelo 42, unha entidade sen ánimo de lucro formada por un grupo de apaixoados do triatlon, volve a organizar esta proba que terá lugar este domingo. Na competición tomarán parte uns trescentos atletas, entre os que se atopan destacados triatletas a nivel internacional, como é o caso do propio Uxío Abuín. Na proba, que se disputará na modalidade de sprint, con saída única, terá como inicio e chegada a praia do Areal, espazo onde se sitúa tamén a zona de transición. Durante a carreira, entre as dez e a unha da tarde, por motivos de seguridade boa parte do casco urbano estará pechado o tráfico, razón pola que tanto a organización como tamén o Concello piden disculpas ós veciños polas molestias que poidan causar. A organización agradeceu a colaboración prestada tanto polo Concello como polo resto de empresas e casas comerciais que colaboran con esta cita deportiva, na que se repartirán en premios máis de seis mil euros. Un atractivo máis da proba.