A Xunta planea actualizar o Plan Forestal para adaptalo ás necesidades do sector

SANTIAGO> As accións postas en marcha pola Xunta para evitar a erosión dos solos queimados este verán conseguiu evitar arrastres de entre 12 e 20 toneladas de terra e cinsas por hectáreas. Son datos que esta mañá se trataron no Consello Forestal de Galicia, un foro no que a consellería do Medio Rural tamén propuxo crear unha comisión para actualizar o Plan Forestal.

Traballos como o alcochado de palla que se fixo desde helicóptero no monte Pindo, evitaron ata o momento que entre 12 e 20 toneladas de terra e cinsa foran arrastradas polas chuvias nas zonas que este ano sufriron incendios. Os datos facilitounos esta mañá a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, durante a reunión do Consello Forestal. A estas actuacións hai que sumar, segundo a Xunta, o programa de rexeneración ambiental no que traballan varios voluntario e que se está a centrar na limpeza e rexeneración dos bosques calcinados. A consellería do Medio Rural asistiu tamén a este Consello coa proposta de actualizar o Plan Forestal de Galicia. Leva 21 anos de vixencia e aínda lle quedarían outros 19, pero o goberno galego considera que é o momento de actualizar a norma para adaptala ás necesidades de xestión dos montes e da industria forestal. Para iso, vén de propoñer a creación dun grupo de traballo que se encargue de revisar e renovar o documento. Outro dos temas que se tratou no foro foi o anteproxecto de Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia, a Metaga. O texto, que xa se enviou ó Consello da Xunta, permitirá ós propietarios de terreos abandonados de traballalos, arrendalos ou cedelos ó Banco de Terras mantendo a súa propiedade sobre eles. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/conselloforestal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/COMISION_CONSELLO_FORESTAL.mp4{/flowplayer}