Os empresarios de Noia instarán ao goberno local a que retome as negociacións ca policia municipal

NOIA > Dirigentes dos empresarios e axentes da policía mantiveron unha xuntanza para analizar en que punto se atopa o conflicto co executivo local

Trátase da segunda xuntanza que manteñen membros da policia local de Noia e a directiva da asociación de empresarios, preocupados polo caos circulatorio e pola vaga de roubos en establecementos comerciais que dende hai semanas se veñen rexistrando no municipio.

O presidente da entidade empresarial, José Pérez quixo coñecer as reinvidicacións dos axentes e saber en que punto se atopan as negociacións co executivo local.

Busca de solucións

Pérez deixou claro que a asociación empresarial non quere actuar como mediador no conflicto pero que si ten a intención de instar as partes a que busquen unha solución o antes posible, dado que situación, que xa se alonga no tempo máis de cinco meses, repercute negativamente sobre a seguridade cidadá.

Usurpación de competencias

Pola súa banda, o voceiro dos axentes locais lembrou que as súas peticións van máis alá do tema económico e se centran principalmente na usupación de competencias e no incumplimento da normativa por parte do concello de Noia.da normativa por parte do concello de Noia. 

Os axentes tamén mostraron a súa preocupación porque a situación afecte a seguridade dos veciños ainda que aseguraron que malia as baixas, os axentes en activo tentan desenvolver con normalidade o seu traballo.

Na actualidade, están en servizo seis axentes dos catorce que conforman o cadro de persoal. Destes seis, tres son auxiliares dos que dous deixarán o servizo a finais deste mes.

Redacción Barbanza