Comezan as visitas guiadas á mostra ‘A cidade é a pegada’, pola que xa pasaron case 2.500 persoas

PONTEVEDRA> Esta mesma semana comezan as visitas guiadas á exposición A cidade é a pegada, no concello de Pontevedra. A mostra chegou ao seu ecuador. Un mes e medio no que xa se converteu na exposición máis exitosa da historia do Pazo da Cultura con ao redor de 2500 visitas. A partires de agora, organizaranse visitas guiadas para escolares, colectivos e público en xeral. Tamén se preparan catro obradoiros baseados nas catro temáticas que estruturan a mostra.

Un mes e medio e 2.500 visitas despois da súa inauguración, os pases guiados comezan na mostra A cidade é a pegada.

Estas visitas guiadas comezarán esta mesma semana. Haberá actividades para todos os públicos. No caso dos escolares de entre 4 e 11 anos correrán a cargo dunha das comisarias da exposición, Milagros Bará.

Tamén organizaranse pases para asociacións e entidades sociais e para o publico xeral.

Vacío Cero organizará tamén catro obradoiros. Xirarán en torno ás catro liñas temáticas que estruturan a exposición. Serán os días 24 de febreiro e 3, 10 e 17 de marzo.

Os interesados xa poden inscribirse na web apuntate.pontevedra.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí