A Xunta inviste preto dos 50 mil euros na reforma de beirarrúas en Outes

OUTES> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, xunto coa alcaldesa, Beatriz Molinos, comprobaron este mediodía a marcha dos traballos que se están a executar na avenida do Rocío.

A actuación que se está a desenvolver na marxe esquerda da avenida do Rocío, na estrada autonómica AC-550, estará rematada nas próximas semanas. Cun custe duns 50 mil euros, a obra afecta a un tramo de aproximamente uns catrocentos metros, onde xa existían beirarrúas, pero que se atopaban en pésimo estado. A actuación será aproveitada tamén para a mellora do saneamento na zona.

O delegado territorial destacou que a actuación virá a complementar a realizada en 2016 e 2017, nas que a consellería de Infraestruturas investiu máis de 670 mil euros para a humanización da travesía principal da vila.

A actuación súmase a outras obras previstas neste Concello, como é a caso da mellora das pontes de Ceilán e Pontenafonso.