A rapazada pontevedresa agarda nerviosa a chegada dos Reis

PONTEVEDRA> Todo preparado para a chegada das súas Maxestades na cidade e tamén nos fogares pontevedreses. Os máis pequenos agardan con nerviosismo a visita real. Queda comprobar se se portaron ben suficiente para que lles traian todo o que pediron. E para que non fallen os folgos nunha noite de duro traballo, algo haberá en todas as casas para que repoñan forzas.

Queda só un día para que os Reis Magos repartan os agasallos pedidos polos máis cativos. A maioría xa enviaron a súa carta, pero para os non o fixeron, aínda poden entregala en man. As súas Maxestades estarán no Pazo de Mugartegui mañá a partir das 11.

A visita real pon a proba os nervios dos máis pequenos. Antes da noite máxica toca facer memoria sobre o ben que se portaron ó longo do ano.

E como chegar a todos os fogares require de moita enerxía, haberá que deixarlles algo de comida e bebida para que non desfalezan.

Só queda darlles a benvida como se merecen e agardar que non se despisten co reparto.