Un fin de ano atípico pero cheo de ilusión

PONTEVEDRA> Esta noite despedirémonos por fin deste 2020. Farémolo, iso si, con numerosas restricións. As mesas non poderán superar os seis comensais e o toque de queda será á 1:30 horas. Un equipo do Canal Rías Baixas achegouse ata a Boa Vila para coñecer de primeira man como se van a despedir os pontevedreses deste fatídico ano.

Por fin chegou o día máis agardado por todos. Esta noite despedirémonos deste ano tan complicado e daremos a benvida ao 2021. E aínda que todos esperamos que este novo ano sexa diferente ao anterior, o certo é que, polo menos de momento, seguen vixentes as restricións. Por iso, a meirande parte dos pontevedreses celebrarán esta noite coa súa unidade familiar.

E aínda que sexa en grupos reducidos, na despedida deste 2020 non faltarán os produtos máis típicos destas festas nos fogares pontevedreses.

Ademais de reducir os encontros familiares, esta noite segue vixente tamén o toque de queda. Á 1:30 horas todos deberemos estar nas nosas casas e, polo tanto, non daremos a benvida ao 2021 coas tradicionais festas de noitevella.

E aínda que para moitos a festa era fundamental esta primeira noite do ano, algúns buscan o lado positivo a esta situación.

E se algo teñen claro todos os pontevedreses é a súa petición para este novo ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí