PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra presentará no vindeiro pleno municipal unha moción sobre o transporte público. Pedirán ó goberno local que definan e expliquen o servizo, xa que as liñas que funcionan na actualidade, financiadas pola Xunta, caducan en menos dun ano.
O voceiro do PP local anunciou esta mañá que presentarán unha moción para debater no vindeiro pleno municipal, na que instan ó goberno local a que explique o seu plan con respecto ó transporte público.
Os populares cren que a falta de acción do BNG con respecto ó transporte prexudica sobre todo as parroquias, e pide que se explique qué se vai facer cas actuais liñas, que caducan antes dun ano.
Rafa Domínguez explicou por qué consideran o transporte público un tema fundamental.
O voceiro popular reiterou que o Concello debería retomar as negociacións para adherirse ó plan de transporte metropolitano posto en marcha pola Xunta e que xa funciona noutras cidades galegas.











