BOIRO> Ninguén se explica as razóns que levaron ós autores a acometer tal tropelía.
Estas pintadas nas que podía lerse: ‘Feminismo e distinto de Igualdade’ ou ‘Viva a Manada’ que aparecían hai uns días enriba dun mural en defensa das mulleres nun dos muros do instituto da Cachada están a ser o centro das críticas. Ninguén se explica as razóns que levaron ós seus autores a acometer tal desagravio. Tachándoos de lamentables e pouco afortunados. Da mesma opinión se mostra o alcalde, Xoán Xosé Dieste.
O rexedor considérao unha provocación e un claro atentado contra os dereitos e liberdades das persoas, neste caso contra as mulleres.
A nova da pintada tamén está a ter unha gran repercusión nas redes sociais, sendo numerosas as persoas que manifestaron o seu total rexeitamento contra este tipo de feitos.