Os pontevedreses fan os seus propios prognósticos

PONTEVEDRA> A xornada electoral en Pontevedra desenvolveuse con normalidade. 66.896 cidadáns tiveron nas súas mans a posibilidade de cambiar a alcaldía de Pontevedra. E aínda que ninguén sabe o que vai a pasar, parece que algúns xa comezaron, antes de tempo, a facer os seus propios prognósticos.

O bo tempo acompañou na Cidade do Lérez, algo que axudou, sen dúbida, a que a participación pola mañá xa fora de ata 10 puntos máis que hai catro anos.

BNG, PP, PSOE, Marea Pontevedra e Ciudadanos, se en algo están de acordo todos estes partidos é na importancia desta acción.

Cos colexios cheos e coas decisións dos veciños claras. Agora solo queda esperar para saber quen será o próximo alcalde de Pontevedra.

Comments are closed.