A esperanza volve á rúa despois dun ano de pandemia

PONTEVEDRA> Cidades baleiras, colas nos supermercados e aplausos nos balcóns. Esas foron algunhas das imaxes que nos deixou este ano de pandemia. Feitos que quedarán na nosa memoria para sempre.

Estas foron as palabras que cambiaron a nosa vida para sempre. Coa entrada en vigor do Estado de Alarma comezaban hai un ano os medos e as incertezas. As rúas quedaban completamente baleiras e os balcóns convertíanse no noso escenario particular. Os bicos e abrazos daban paso as vídeo chamadas e co confinamento coñecíamos un pouco máis aos nosos veciños. Momentos que quedarán na nosa memoria.

O confinamento obrigounos a parar e a reflexionar. Este período cambiou os nosos hábitos de vida e as máscaras e os xeles hidroálcoholicos convertéronse nos nosos mellores aliados. Pouco a pouco o silencio na rúa desaparecía e as cidades volvían a encherse de vida.

Tras un ano de pandemia, a esperanza está máis presente ca nunca coas campañas de vacinación. Agora é momento de mirar ao futuro con optimismo pero sen esquecer a responsabilidade individual.

Xa queda menos para que estas imaxes formen parte do noso pasado e para poder dicir que por fin superamos a pandemia. Unha época que se algo deixou claro é que xuntos…resistimos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí