As rebaixas de xaneiro animan as rúas comerciais pontevedresas

PONTEVEDRA> Hoxe foi o primeiro día das Rebaixas. Aínda que os comercios xa poden aplicar descontos libremente en calquera época do ano, en xeral, os comercios seguen a respectar o 7 de xaneiro como data de inicio das baixadas de prezo. Os clientes manteñen tamén a costume de visitar as tendas na primeira xornada, na que moitos aproveitan para reparar os despistes dos Reis Magos.

Primeira xornada das rebaixas en Pontevedra e o ambiente é o habitual: moitas bolsas pola rúa e colas algo máis longas que de costume no interior das tendas.

As baixadas de prezo animan a facerse con algún capricho, aínda que son moitos os que as aproveitan para cambiar os regalos de Nadal.

Coma en tódolos períodos de descontos, convén planificar as compras para non pasarse co gasto.

A Federación Provincial de Comercio de Pontevedra  considera que a pesar da liberalización das rebaixas e o comercio electrónico, as tradicionais seguen a obter a resposta da poboación, e prevé un incremento dun 8% respecto do ano anterior.