PONTEVEDRA> O Partido Popular de Poio convocou para o vindeiro domingo 20 de xaneiro un acto de protesta contra a política fiscal do concello. Consistirá en rodear a casa consistorial cunha cadea humana e terá lugar a partir da 1 da tarde. O voceiro popular indicou que o obxectivo é facer visible o malestar dos veciños cos impostos municipais.
Concelleiros do PP de Poio presentaron esta mañá un novo acto para reclamar a baixada dos impostos municipais, principalmente do IBI.
Os populares denuncian ademais a carestía doutras taxas.
Os populares insisten en que se trata dun acto pacífico, que non busca xerar crispación nin entorpecer o funcionamento do consistorio.
Esta convocatoria é, segundo o grupo popular, un resumo das reivindicacións que teñen presentado durante a lexislatura, fundamentalmente en materia de impostos.











