En que consiste o novo estado de alarma?

GALICIA> Esta noite entrou en vigor o toque de queda en todo o territorio nacional, á excepción de Canarias. O Goberno do Estado decidiu acollerse de novo ao estado de alarma pero dun xeito moi distinto ao que aconteceu no mes de marzo. Nesta ocasión, a mobilidade queda prohibida unicamente durante a noite. No caso de Galicia entre ás 23:00 e ás 06:00 horas.

España volve a recorrer ao estado de alarma para tratar de frear a segunda ola de coronavirus. Unha medida que volve a entrar en vigor en todo o territorio nacional, á excepción das Illas Canarias, pero dun xeito moi diferente ao que aconteceu no mes de marzo. Nesta ocasión, o Goberno pon o foco na mobilidade nocturna. No caso de Galicia, as restricións para saír a rúa estarán vixentes entre ás 23:00 e ás 06:00 horas. Unha medida que, para moitos, chega tarde.

A mobilidade nocturna está prohibida salvo en algunhas excepcións, como pode ser a adquisición de medicamentos ou bens de primeira necesidade ou a asistencia a centros sanitarios ou de atención veterinaria por motivo de urxencia. Ademais, tamén está permitido desprazarse para atender a persoas que requiran coidados ou para acudir ou regresar do traballo. Sen dúbida, un dos principais obxectivos deste toque de queda é poñer fin aos botellóns e as festas privadas.

Con este toque de queda, no Estado as reunións quedan limitadas a 6 persoas, pero na nosa comunidade autónoma esta restrición mantense como ata o de agora, é dicir,  reducida a 5. A pregunta máis repetida nas últimas horas é ata cando van a durar estas novas medidas. Esta é outra das diferenzas con respecto ao pasado estado de alarma, xa que nesta ocasión non se vai a renovar cada 15 días senón que o Goberno do Estado pretende prolongalo directamente ata o 9 de maio.

Con este estado de alarma restrínxese tamén a mobilidade entre comunidades autónomas. De feito, soamente estarán permitidos estes desprazamentos se están debidamente xustificados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí