Pontevedra e O Salnés únense para completar a oferta turística

PONTEVEDRA> Pontevedra e O Salnés unen forzas para mellorar a súa oferta turística. Esta mañá, concello e Mancomunidade escenificaron a posta en marcha desta colaboración, que busca fuxir dos localismos e apostar pola posta en valor conxunta dos atractivos turísticos das Rías Baixas.

 

Pontevedra e O Salnés traballan para deixar a un lado os localismos. Concello e Mancomunidade iniciaron unha colaboración que aposta por poñer en valor de xeito conxunto os recursos turísticos das Rías Baixas.

O acordo comezou a xestarse antes do verán, e nace con vocación de continuidade. Deste xeito, buscan aproveitar as sinerxias de cada zona, favorecendo a aposta pola desestacionalización do turismo.

No marco desta colaboración, xa visitaron a cidade grupos de touroperadores rusos e británicos. En outubro recibirán unha delegación vencellada ao Camiño Portugués e, no mes de novembro, será unha delegación de Hong Kong os que se acheguen ás Rías Baixas.

Lores e Pita recoñeceron que a Variante Espiritual a Santiago é outro dos principais atractivos da zona. Tamén o Camiño Portugués. De feito, calcúlase que máis de 50 mil peregrinos pasarán este ano por Pontevedra. Dende Amigos do Camiño Portugués cren que esta tendencia se manterá, e sitúan en máis de 100 mil os peregrinos que pode recibir a cidade no Ano Santo de 2021.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/acordo_pontevedra_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/acordo_pontevedra_salnes.mp4{/flowplayer}