Avatel reafirma a súa aposta por Marín coa apertura dunha tenda física

MARÍN> A proveedora de servizos de internet Avatel reafirma a súa aposta polo concello de Marín. O quinto operador de fibra óptica do estado e líder no segmento rural conta dende hoxe con local físico no municipio. Aterra despois de facer chegar este servizo a máis de 5.200 fogares e empresas mariñenses.

A empresa proveedora de servizos de internet Avatel reafirma a súa aposta polo concello de Marín.

E dende hoxe, Avatel ofrece tamén asistencia presencial aos mariñenses. Contan con nova tenda, a primeira no municipio, no número 7 da rúa Jaime Janer e con persoal da zona.

A empresa é o quinto operador de fibra óptica do Estado e líder no segmento rural. Dende hai un ano comezaron a despregar os seus servizos en Galicia. Xa contan con seis tendas na provincia de Pontevedra e un importante plan de expansión.

Dende o concello de Marín agradecen a aposta de Avatel polo concello.

Avatel ofrece servizo de fibra óptica, telefonía móbil e fixa e unha plataforma de televisión propia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí