RIBADUMIA> Salomé Peña abandona a primeira liña da política municipal. A líder popular de Ribadumia, tomou esta decisión despois de 20 anos de entrega ao consistorio ribadumiense. Visiblemente emocionada, Salomé Peña, asegurou que marcha satisfeita do traballo realizado.
A ex alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, anuncia que non se presentará como cabeza de lista as eleccións municipais de este 2019. Peña mostrouse visiblemente emocionada tras esta revelación, que chega segundo dixo, despois de meditalo moito.
As seus 44 anos, Salomé Peña, levaba uns vinte dedicada a política local e máis de tres mandatos como alcaldesa as súas costas, converténdose no seus inicios na alcaldesa máis nova da provincia con tan só 27 anos. Un importante esforzo persoal, polo que agradeceu o apoio da súa familia, pero do que se considera satisfeita.
Peña recoñeceu que os seus comezos foron complicados debido a súa inexperiencia.
A pesar de este anuncio, Salomé Peña esgotará o mandato como voceira do PP en Ribadumia e ofreceu o seu apoio para seguir traballando, segundo dixo, polo seu concello. Ademais manifestou a súa tristeza, tal e como afirmou, pola situación de goberno que vive a vila, e afirmou que “Ribadumia queda en mans dun tripartito co único obxectivo de desbancar ao PP e con ansias de poder”.
Inicio crb