RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de sacar a licitación as obras de renovación da rede de abastecemento en Río Azor. Esta actuación, cun orzamento de máis de 100 mil euros, mellorará o servizo que reciben un cento de vivendas, afectadas na actualidade por caídas de presión e escaso caudal.
Os veciños da Ría Riazor verán notablemente mellorado o subministro de auga unha vez finalicen as obras de substitución da rede de abastecemento que vén de licitar o concello. Investiranse máis de cen mil euros en renovar a tubaxe, duplicando o seu tamaño para acabar cos problemas de caída de presión que viñan rexistrando, especialmente en épocas de maior demanda.
As obras acometeranse con cargo ós fondos provinciais do POS. O prazo para a presentación de ofertas remata o 26 de febreiro.











