Rianxo aprobará a compra do Pazo de Rianxiño antes de que acabe o mes

10

RIANXO> O goberno de Rianxo levará a pleno antes de que remate este mes o prego de condicións para a compra do pazo de Rianxiño. Pretende así facer efectivo o compromiso de adquisición do inmoble que albergará o centro de día.

O executivo rianxeiro está a concluír os traballos de redacción do prego de condicións para a compra do prazo de Rianxiño. O obxectivo é poder levalo a pleno antes de que remate o mes, ratificando así o compromiso de adquisición do inmoble mediante a solicitude dun crédito para o seu pago con carácter plurianual.

Paralelamente, o concello xa iniciou o estudo sobre a acomodación dos espazos e as distintas posibilidades que ofrece o pazo que, ademais de centro de día, podería albergar outros servizos.

O proxecto conta cun amplo consenso entre tódolos grupos da corporación polo que o goberno confía en materializar a compra do pazo o antes posible.