O concello de Rianxo retoma a atención presencial coa incorporación do oitenta por cento do persoal

RIANXO> Coa fase tres da desescalada o concello de Rianxo iniciou a incorporación progresiva dos traballadores municipais. O oitenta por cento dos funcionarios xa prestan servizo de xeito presencial.

O obxectivo do concello rianxeiro é recuperar a normalidade en tódolos departamentos que xa permiten que os cidadáns acudan a realizar xestións aínda que con cita e de xeito organizado.

A pesar desta volta á normalidade, o alcalde de Rianxo entende que se deben ter en conta as vantaxes do teletraballo como fórmula para axilizar algúns trámites e xestións municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí