Os bateeiros da Arousa continúan as concentracións en Cabo da Cruz

    concentracionbateeiroscabo_100_190808.jpgBOIRO > Máis de cincocentos bateeiros da ría de Arousa concentráronse esta mañá na dársena portuaria de Cabo da Cruz. 

    {flowplayer}barbanza/concentracionbateeiroscabo.flv{/flowplayer} 

    BOIRO > Máis de cincocentos bateeiros da ría de Arousa concentráronse esta mañá na dársena portuaria de Cabo da Cruz. Esta xa é a terceira protesta que realiza o sector esta semana, tras a do luns en Vilanova e a de onte no peirao de Vilaxoán. Deste xeito, continúan reivindicando a unión de todos os produtores para facer fronte a forte crise que atravesa o sector.

    Tamén se criticou a falta de responsabilidade e solidariedade por parte de aqueles que din pertencer ao sector e continúan sen secundar o paro. Asemade, houbo duras críticas para os que aproveitan a situación para buscar enfrontamentos entre os produtores. Os produtores de mexillón da Arousa continuarán, a través destas protestas en distintos peiraos da comarca, defendendo a busca de solucións para un sector que da traballo a máis de tres mil familias nas comarcas do Salnés e da Barbanza.

    Redacción Barbanza