VILAGARCÍA> A avenida Doutor Tourón de Vilagarcía volviu a ser a localización da rotura da tubaxe de fibrocemento da rede de augas municipal. Un incidente que ocorre por segunda vez en menos de 15 días e polo que o concello da vila estuda o custe de substituílo.
Doutor Touron está a ser a localización na que máis frecuentemente se rompen as tubaxes de auga provocando peches de subministro que afectan aos veciños. Dada a frecuencia de esta situación dende o concello están a valorar a posibilidade de renovar a rede de augas municipal que na actualidade conta con máis de 40 anos.
No caso da última avaría comezou ao redor das catro e media da tarde do sábado e non foi ata preto da unha da madrugada do domingo cando foi arranxada. O edil de Obras, Lino Mouriño, sinala diferentes motivos que afectan as tubaxes, como a presión da auga na zona. Agora dende Ravella buscan coñecer o custe total de esta mellora e a buscar o financiamento necesario.
Dende Ravella lamentan as molestias ocasionadas aos veciños.
Inicio crb