O executivo boirense non convence á oposición polo peche da radio municipal

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/pleno_extraordinario_radioboiro3009151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/30/pleno_extraordinario_radioboiro300915.mp4{/flowplayer} BOIRO> A corporación municipal celebrou esta mañá o pleno extraordinario solicitado por tódolos grupos da oposición para pedir explicacións dos motivos que levaron ó peche da emisora. Durante case dúas horas, os edís da corporación municipal boirense estiveron debatendo sobre a decisión do equipo de goberno de pechar, hai xa máis de catro meses, a radio municipal. Foi un tenso e, por momentos, acalorado debate, no que os grupos da oposición lle trasladaron ó executivo, por activa e por pasiva, a necesidade de reabrir a emisora. Dende o grupo de goberno, tanto o seu voceiro, Fernando García, coma o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, expuxeron as razóns que os levaron ó peche de radio Boiro. Segundo eles non existe nada oculto na súa decisión. Os motivos responden a dúas razóns fundamentais, por unha banda empresarias, xa que a frecuencia pola que estaba emitindo dende hai tempo a radio municipal, 107.5, pertencen a unha empresa privada, e por outro, técnicas, xa que polo seu dial propio, o 107.2, non é posible emitir. Aínda así as explicación dadas polo executivo non convenceron ós grupos da oposición, afirmando da existencia doutros intereses que motivaron o peche da emisora. Con anterioridade celebrouse outra sesión plenaria tamén con carácter extraordinario. Nesta ocasión para aprobar a conta xeral de 2014 e unha modificación de creto por importe de 1’6 millóns de euros. Un punto este último que suscitou tamén moitas críticas dende os grupos da oposición ó producirse tan só un mes despois de aprobar un Plan Económico Financeiro de obrigado cumprimento. Os dous puntos saíron adiante cos votos a favor do equipo de goberno, o Partido Popular, mentres que toda a oposición votou en contra.