A Armenteira festexa a romaría da Virxe das Cabezas

MEIS> Miles de persoas desprazáronse a Armenteira, en Meis, para festexar a romaría da Virxe das Cabezas. A Variante Espiritual e a promoción da Ruta da Pedra e da Auga aumenta o número de peregrinos. A tradición do Camiño, o ambiente e comer polbo ó aire libre, o máis destacado polos visitantes.

Como todos os anos, o luns de Pascua, miles de persoas acoden á Armenteira para asistir á romaría da Virxe das Cabezas. Dende todos os puntos da comarca, os visitantes desprázanse ata o Mosterio da Armenteira.

A maioría dos que se achegan a romaría das Cabezas fano camiñando. Unha tradición que está a aumentar nos últimos anos grazas á Variante Espiritual do Camiño de Santiago e á promoción da Ruta da Pedra e da Auga.

Ademais do Camiño existen máis razón para asistir a esta festa.

O excelente ambiente que se vive neste festexo e o polbo son os maiores reclamos. Unha recompensa merecida polo esforzo realizado por todos aqueles que se lanzaron ó camiño dende toda a comarca.