O BNG da Pobra pide a reprobación da edil Charo Varela

POBRA>  Os nacionalistas critícana pola súa incapacidade á hora de poñer en funcionamento o regulamento de Participación Cidadá, aprobado xa en pleno en febreiro de 2017. A través dunha moción presentada para o seu debate na vindeira sesión plenaria, o BNG pídelle ó equipo de goberno de comezar de inmediato a dar os pasos necesarios para a posta en marcha do regulamento de Participación Cidadá. Un documento aprobado en pleno de maneira definitiva en febreiro de 2017, e que debera entrar en vigor, un mes despois, en marzo de 2017.Para os nacionalistas este é un exemplo máis, dos moitos, que evidencian a inoperancia do goberno de Nós Pobra.