O concello de Pontevedra e os veciños de Xeve únense contra un dos parques eólicos proxectados no Acibal

PONTEVEDRA> A parroquia de Xeve, en Pontevedra, decidida a plantar cara aos proxectos para instalar un novo parque eólico na súa contorna. O concello presentará alegacións ante á Xunta contra o proxecto Anduriña, o terceiro que afetará ao municipio. Dende a asociación SondeXeve alertan dos efectos destes polígonos e das liñas de alta tensión encargadas da evacuación da enerxía sobre a flora e a fauna. Temen tamén que cheguen a contaminar as traídas de auga ou o encoro do Pontillón.

Pontevedra presentará alegacións contra o parque eólico Anduriña, un dos polígonos proxectados pola Xunta de Galicia no monte Acibal.

A súa construción suporía a instalación de 9 aeroxeneradores dos 7 estarían no concello pontevedrés, afectando a montes das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido.

A preocupación polo impacto destas instalacións xa se nota na parroquia pontevedresa. A asociación SondeXeve alerta dos efectos negativos destes parques tanto na flora como na fauna. Temen tamén que cheguen a contaminar as traídas de auga e mesmo o encoro do Pontillón.

Os veciños denuncian tamén as prácticas realizadas pola empresa promotora.

Anduriña é o terceiro parque proxectado na contorna do monte Acibal. A estes 9 aeroxeneradores habería que sumar os do polígono Zudreiro, que prevé instalar cinco en Campo Lameiro e Moraña, e os de Acibal, con catro muíños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí