Luís Bará, cabeza de lista do BNG por Pontevedra para o 26-X

PONTEVEDRA> Luís Bará ponse á cabeza da lista do BNG por Pontevedra para as vindeiras eleccións autonómicas. O actual edil do concello pontevedrés releva a Carme Adán, despois de que esta renunciara trala negativa do partido á unirse ás mareas.

 

Tamén cambia neste caso o número dous que ocupará agora Ana Miranda, trala declinación de Alberte Llamazares de Rodeiro por cuestións persoais. Luís Bará facía hoxe oficial a súa candidatura entre compañeiros de partido e ante a estatua de Castelao en Pontevedra.

Bará asegurou que traballou ata o momento cun equipo de compromiso, de entrega e de amor a Galicia e que se sinte herdeiro dese esforzo do que quere estar a altura ante un gran desafío ao que se enfrontan con ilusión.

Bará di que quere facer valer a Galicia en todos os campos a pesar da situación que cualificaba de emerxencia nacional e asegurou que o remedio non vira de fora da comunidade.

A candidatura deberá ser avalada polas asembleas comarcais e de ser elixido Luís Bará asegurou que a súa dedicación á actividade política fará que deixe as súas responsabilidades no concello de Pontevedra, pero sentiuse moi tranquilo ante o relevo que tería.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/11/luis_bara_cabeza_lista_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/11/luis_bara_cabeza_lista.mp4{/flowplayer}