PONTEVEDRA> Dous anos despois da súa chegada ao goberno da Deputación de Pontevedra, o equipo do popular Luis López fixo balance do realizado. Partindo do seu lema ‘tendendo pontes’, o presidente provincial sacou peito do conseguido: neste tempo, o executivo provincial impulsou máis dun milleiro de obras por valor de 235 millóns de euros. Fíxoo partindo de seis eixos que marcan a súa actuación: investimentos nos concellos, o apoio ao movemento veciñal, a aposta polo deporte, o turismo e a cultura e a descentralización da actividade do goberno.
Escoitar, entender e atender son os tres ingredientes principais que plantexa o presidente da Deputación de Pontevedra na súa receita para gobernar a provincia. Cando se cumpren dous anos da súa chegada ao executivo, Luis López saca peito da xestión do seu equipo.
Neste tempo impulsáronse un milleiro de obras por 235 millóns de euros. Actuacións baseadas en seis eixos: investimentos nos concellos, recuperación do apoio ao movemento veciñal, aposta polo deporte, o turismo e a cultura; e descentralización da actividade do goberno.
Para López, son tamén logros a destacar os avances para conseguir unha vía verde entre Vigo e Vilagarcía, a recadación do IBI da AP-9 para os concellos, o primeiro convenio colectivo do Consorcio Provincial de Emerxencias ou as primeiras axudas para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil.
O acto de balance de metade de mandato celebrouse por primeira vez no concello de Vigo. A el, ademais dos membros do goberno provincial, asistiron alcaldes e concelleiros da maior parte dos 61 concellos da provincia. Tamén representantes de diferentes colectivos da provincia.