O BNG de Porto do Son reclama a execución de obras menores xa comprometidas

    PORTO DO SON> O BNG de Porto do Son demanda ó goberno que inclúe unha serie de obras nos orzamentos deste ano. Son actuacións menores que xa foran comprometidas no seu día polo concello e que suporían unha notable mellora tanto nas parroquias como nos cascos de Porto do Son e Portosín.

    Os nacionalistas sonenses presentaron no rexistro do concello un escrito demandando a inclusión dunha serie de obras nos orzamentos municipais para o presente exercicio.

    Entre esa relación de obras destacan actuacións en materia de sinalización como a demandada en San Pedro de Muro xunto coa ampliación do aparcadoiro do cemiterio. Tamén a adecuación de vías de comunicación e accesos.

    Demandan ademais o ensanchamento da estrada de Nebra, a dotación de beirarrúas e sentido único no Camiño Vello en Portosín e actuacións de saneamento en Miñortos.