O BNG organiza un novo acto sobre a lei de Acuicultura

    BOIRO> Será este venres ás oito da noite na casa de cultura da Cachada e nela intervirán representantes do sector marisqueiro e bateeiro, da Asociación de Artes Menores de Galicia e do colectivo ecoloxista Adega, así como tamén o propio voceiro do BNG no Parlamento, Daniel Rodas. Dende a formación nacionalista insisten en que a súa loita seguirá ata conseguir a retirada definitiva do anteproxecto, que consideran totalmente abusivo para os intereses do sector.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí