Ribeira recupera o seu pasado mariñeiro na Feira Artemar

RIBEIRA> Xa abriu as súas portas a Feira Artemar que durante catro días encherá Ribeira de temática mariñeira. Un cento de postos comporán o mercado artesanal que se complementará con animación de rúa e espectáculos nocturnos.

Artemar converteuse xa nunha das citas de referencia do verán no Barbanza. Esta feira mariñeira estase a celebrar en Ribeira, dende hoxe ata a domingo, cun amplo programa de actividades. As principais rúas do casco urbano tornarán ó seu pasado mariñeiro co mercado artesanal que se compón dun cento de postos.

Haberá actividades de animación durante tódalas xornadas con contacontos, actuacións musicais, pasarrúas e espectáculos nocturnos.

A feira inclúe tamén os concursos de decoración do comercio e hostalería local, dous sectores moi implicados na celebración de Artemar dende os seus inicios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí