Santiago Llovo presenta o seu último libro en Ribeira

RIBEIRA> A publicación,  ‘Contra el Mar y el Viento’, é un traballo de recompilación de numerosa documentación do patrimonio marítimo galego.

A nova obra de Santiago LLovo recolle as protestas de mar, que foron outorgadas nos séculos XVIII e XIX polos capitáns ou pilotos de barcos mercantes na contorna da Fisterra galega. Trátase de documentos nos que se declaraban os incidentes producidos durante a viaxe que puidesen afectar tanto ao buque como á carga.

Na presentación do libro participou a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen destacou precisamente esta faceta do escritor que afonda na historia marítima de Galicia como legado de futuro.

Esta nova publicación vense sumar á longa lista de títulos do autor que teñen como denominador común a recuperación do patrimonio marítimo afondando en temáitcas variadas como a carpintería de Ribeira, as conserveiras ou as fábricas de salgadura.

Destacan, entre outros, títulos como Mar de Outes, Memoria salgada dun pobo,  Anaquiños de historia do Concello de Muros, Douscentos anos de salgaduras e conserveiras e As salgaduras de Carnota.