Sinalización dos aparcadoiros gratuítos e públicos na zona de Fefiñáns

CAMBADOS> Os hostaleiros e comerciantes de Cambados solicitaron ao concello de sinalización referente ao aparcamento no entorno da praza de Fefiñans, coa que permitir facilitar a labor comercial dos seus negocios. Finalmente o consistorio dou resposta a esta petición, a través da colocación de catro carteis nas entradas da vila.
A vila de Cambados xa conta con indicadores, nas súas catro entradas principais, que reflicten onde estacionar os vehículos no entorno da histórica praza. Zonas habilitadas para o estacionamento público e gratuíto tal e como sinalou o edil, José Ramón Abal.
Todos aqueles que acudan a descargar aos negocios existentes na zona, saiban que ademais se ampliou o horario de carga e descarga a dúas horas pola tarde, e non se descartan outras medidas que faciliten o tránsito na zona.
Abal Varela sinala que durante o 2018 se investiron nesta zona cambadesa uns 200.000 euros, que estarían repartidos en diferentes actuacións.
Coa iniciativa da colocación de carteis coma este que lles estamos a amosar, Abal espera dar resposta a unha das peticións dos hostaleiros e comerciantes da vila, que non verían con moi bos ollos a peonalización da praza de Fefiñáns.