PORTO DO SON> O cerco galego volveu esta semana ó traballo. Cumpríronse as peores expectativas ó constatar a escaseza de recurso, especialmente de xurelo.Ante estes resultados, o sector agarda a chegada do mes de marzo para participar nas campañas do verdel e da anchoa no Cantábrico.
Capturas escasas e prezos moderados. Este é o panorama que deixa a volta ó traballo da flota do cerco que esta semana retomaba a actividade tras varias semanas de paro. Apenas hai xurelo e a limitación de capturas da xarda está a dificultar a actividade pesqueira.
Oo cerqueiros aguantarán este mes coa vista posta en marzo cando arranca a campaña do verdel e a costeira da anchoa.
Mentres tanto dende ACERGA demandan á Administración a toma de medidas para paliar a difícil situación de armadores e tripulantes. O incremento de cotas nalgunhas especies axudaría a ir tirando estas semanas á espera da apertura doutros caladoiros.