Tres consagradas da orde din que o “caso dos Miguelianos” é unha montaxe

Pontevedra> Pontevedra foi o lugar elixido polas consagradas da orden de San Miguel para romper o seu silencio sobre o popular “caso dos Miguelianos”. Tras máis de tres anos de silencio, tres consagradas, investigadas na causa xudicial, afirman que este caso é todo unha montaxe e que Miguel Rosendo, líder da orden e na cárcere dende o 2014, é inocente.

O coso dos Miguelianos volveu á palestra en Pontevedra nesta xornada, xa que tres consagradas da Orden decidiron romper o seu silencio para anunciar que este caso é toda unha montaxe, que Miguel Ronsedo é inocente e nunca xamais abusou sexualmente de ningunha delas.

As consagradas dixeron esta mañá que gardaron silencio á petición do Obispo de Tui, pero que agora non poden máis e queren que se faga xustiza e se desmonte toda esta artimaña, creada din, co fin de prexudicar á figura de Miguel Rosendo.

Con estas declaracións queren lavar a imaxe de Miguel Ronsendo e piden que se faga xustiza.

Tras estas declaracións as consagradas poñen o foco de atención sobre Isaac De Vega, sacerdote do Opus Dei, e segundo elas mesmas dixeron esta mañá o creador desta montaxe co fin de alzarse co poder. Un caso que será xulgado nos vindeiros meses na Audiencia provincial de Pontevedra.