Poio será esta fin de semana a capital do triatlón galego

POIO> O domingo Poio será a capital do triatlón por mor da celebración da cuarta edición Triatlón Porto de Campelo. Agárdase a participación de 230 deportistas, varios deles de renome internacional.

Poio acolle este domingo a desputa da cuarta edición do Triatlón Porto de Campelo, o que será a cuarta proba do circuíto galego; clasificatoria para a final deste deporte a nivel autonómico que terá lugar o sete de setembro en Lugo. As doce e media da mañá no Porto de Campelo darase a saída ás categorías elite; aínda que antes, haberá tempo para as categorías de afeccionados, o que fará deste triatlón unha proba apta para case tódolos públicos. O circuíto será semellante o de anteriores edicións: con saída no Porto de Campelo e ata Lourido. O triatlón de Poio é xa unha cita indispensable para os amantes deste deporte, especialmente para os atletas que ven no nivel de inclinación da carreira a pé un reto importante para a súa preparación. Deste xeito, entre os 230 deportistas que concorrerán á proba encontramos nomes destacados a nivel internacional. Ós espectadores cabe recomendarlle o espazo do Porto de Campelo desde onde poderán divisar gran parte do percorrido.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/triatlon.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/triatlon_campelo.mp4{/flowplayer}