A cidadanía pode participar no Plan Funcional do Gran Montecelo

Pontevedra> O Servizo Galego de Saúde vén de poñer a disposición da cidadanía unha enquisa para mellorar a funcionalidade do proxecto Gran Montecelo. Trátase da primeira vez que o Sergas potencia a participación cidadá para o desenvolvemento dun plan destas características. Mellorar o servizo de urxencias, o aparcamento do Hospital e a accesibilidade son as principais demandas da cidadanía pontevedresa. O SERGAS potencia por primeira vez a participación cidadá para o desenvolvemento do Plan Funcional do Gran Montecelo. O obxectivo é que tanto os pacientes como os usuarios do Hospital dean a coñecer as súas impresións mediante a súa achega voluntaria. Os interesados poderán atopar as enquisas nos puntos de información deisgnados nos hospitais de Montecelo e Provincial e a través da web www.granmontecelo.com. Dende o Canal Rías Baixas saímos a rúa para coñecer as principais demandas que a cidadanía ten para este complexo na actualidade. Mellorar o servizo de urxencias, o aparcamento do Hospital e a accesibilidade son soamente algunhas delas. Dende esta semana, pacientes e usuarios, teñen acceso a estas enquisas que unha vez cubertas deberán ser depositadas nas urnas habilitadas nos mesmos puntos de información nas que foron recollidas. A data límite para entregar a enquisa ou para cubrila a través de internet será o 17 de abril. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/enquisas_montecelo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/enquisas_montecelo.mp4{/flowplayer}