José Ramón Abal repite como candidato de Cambados Pode á alcaldía

CAMBADOS> José Ramón Abal repetirá como candidato á alcaldía con Cambados Pode. O representante da formación na corporación cambadesa confirmou esta mañá a súa candidatura ao pé da Torre de San Sadurniño. Tamén fixo balance dos catro anos que pasou como membro do goberno cuatripartito. Un tempo no que, asegurou, cumpriron o 90% do programa co que Pode concorreu ás eleccións do 2015.

José Ramón Abal volverá optar á alcaldía de Cambados. O edil repite á fronte da candidatura coa que Cambados Pode concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

Como xa fixera no 2015, o edil escolleu a Torre de San Sadurniño para presentar a súa candidatura á fronte da plataforma veciñal. Tamén fixo balance destes catro anos no goberno cuatripartito da vila. Tempo no que, segundo asegurou, cumpriu gran parte do programa co que se presentou aos pasados comicios.

Nesta lexislatura, Abal Varela estivo á fronte de concellerías como Obras e Servizos, Tráfico ou Enoturismo. Hoxe puxo en valor o traballo realizado.

José Ramón Abal confía en que este traballo permitiralle mellorar os resultados electorais do ano 2015, cando conseguiu os 455 votos que lle outorgaron un concelleiro na corporación. Finalmente, sería a chave para provocar o cambio de goberno en Cambados.

Comments are closed.