A campaña ‘Non sexas pirata!’ chega ás praias do Barbanza

BOIRO> A iniciativa posta en marcha pola consellería do Mar pretende concienciar sobre a importancia do marisqueo e os prexuízos que causa o denominado ‘furtivismo de bañador’. Despois de percorrer diferentes praias de toda Galicia, a  campaña de concienciación Non sexas pirata! Á praia vense a gozar, non saquear, que promove a Xunta de Galicia, achegouse esta semana ós areias da comarca do Barbanza. Para presentar esta iniciativa contouse coa presenza da propia titular de Mar, Rosa Quintana, quen incidiu nos principais obxectivos desta campaña. A campaña conta tamén co respaldo das propias Confrarías, principais afectadas por esta problemática. Neste sentido a patroa maior de Cabo de Cruz, Raquel Souto, aludiu as graves consecuencias que acarrean estas prácticas ilegais para o sector. Dende a propia Consellería incídese en que ademais do grave problema socioeconómico, ó afectar ás economías dos mariscadores profesionais que viven do seu traballo, o furtivismo supón tamén un prexuízo medioambiental e de saúde, pois pode supor un risco para quen consume produto extraído e comercializado de xeito ilegal ó non ter pasado ningún tipo de control que o avale.