As mariscadoras noiesas serán imaxe do cupón da ONCE deste próximo mércores

NOIA> A obra realizada polo fotógrafo Pedro García foi unha das  gañadoras do concurso ‘Veo Evolución’ celebrado con motivo do 80 aniversario da Fundación. Esta imaxe de Pedro García co título ‘Marexada en Testal’ que recolle o duro traballo das mariscadoras da ría de Muros-Noia foi unha das dezasete fotografías seleccionadas en toda España que resultaron gañadoras do concurso ‘Veo Evolución’ celebrado con motivo do 80 aniversario da ONCE. A instantánea será precisamente a imaxe que a entidade porá a venda este próximo mércores da que se distribuirán uns cinco millóns e medio de cupóns. No acto tamén estiveron presentes diversas autoridades, entre elas o alcalde, Santiago Freire, o patrón maior en funcións, Santiago Cruz, e a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, que destacou que coa fotografía do cupón seleccionada a ONCE sitúa ás mariscadoras coma un dos símbolos máis senlleiros de Galicia.