POBRA> A cita deportiva desenvolverase esta próxima fin de semana, nas xornadas do sábado e do domingo, e nela tomarán parte tódalas embarcacións e categorías da Federación Galega de Remo, entidade organizadora. Máis de setenta embarcacións pertencentes a Clubs de toda Galicia participarán no Campionato Galego de Bateis que se celebra esta fin de semana na Pobra. Á cita están chamadas tódalas categorías, dende alevíns a absolutas, tanto masculina coma feminina. A competición arrancará o sábado ás catro e media da tarde coas eliminatorias e xa o domingo terán lugar as regatas finais. A entrega de trofeos terá lugar na zona portuaria, diante da sede do Club ó redor da unha do mediodía.
Inicio BARBANZA