O BNG traballa xa  coa mente posta na vindeira cita electoral

POBRA> Onte pola noite celebraron na Pobra do Caramiñal un asemblea aberta na que tomou parte o seu candidato ó Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego. O nacionalista aludiu á importancia destas eleccións nas que Galicia se xoga o seu futuro.

Con anterioridade á asemblea, na que tomaron parte non só militantes e simpatizantes da formación, senón tamén veciños en xeral celebrouse un encontro con representantes da Plataforma de Pensionistas para coñecer as súas reivindicacións e trasladarlle tamén as propostas que defenderán no Congreso en Madrid se chegan a acadar representación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí